PIZZA VEXETAL...

... e ensalada verde.

Este foi o menú elaborado polo alumnado de 4º B

Neste vídeo tedes á rapazada presentando o seu menú


PIZZA VEXETAL

1. Preparamos a masa.

Estes son os ingredientes que precisamos: 


O proceso que seguimos foi o seguinte: 
  1. Botamos a fariña nun recipiente. Engadímoslle unha pinga de sal e media cullerada de aceite. 
  2. Nun vaso, mesturamos o lévedo coa auga templada. 
  3. Cando estea mesturada, engadímoslle o contido do vaso á fariña. 
  4. Amasamos todo, facendo unha bola. 
  5. Se a masa quedase demasiado branda, botaríamos un pouco máis de fariña. 
  6. Tapamos o recipiente cun pano, e deixamos repousar, alomenos, media hora. 
  7. Cando a masa estea preparada, engraxamos a bandexa da pizza cunha pinga de margarina. 
  8. Colocamos a masa no medio, e, coas mans lavadas, imos extendéndoa cara ós lados, ata cubrir toda a bandexa. 

2. Preparamos a pizza


Estes son os ingredientes que temos empregado: 



E este foi o proceso que seguimos: 
  1. Lavamos o porro, a cabaciña e a berenxenas. 
  2. Cortámolos en tacos. 
  3. Picamos a cebola. 
  4. Lavamos o tomate. 
  5. Cortámolo en rebandas. 
  6. Sobre a masa extendida na fonte extendemos un par de culleradas de salsa de tomate, de xeito que todo o fondo quede cuberto. 
  7. Enriba do tomate colacamos tres lonchas de queixo. 
  8. Sobre elas, tres lonchas de xamón cocido. 
  9. Esparexemos a cebola e o porro picados. 
  10. Engadimos os tacos de cabaciña e berenxena. 
  11. Distribuímos as rebandas de tomate. 
  12. Sazonamos cunha migalla de sal. 
  13. Espolvoreamos con queixo raiado. 
  14. Pomos a pizza no forno a 180º durante uns vinte minutos. 
ENSALADA VERDE

Estes son os ingredientes que empregamos. 


O proceso que seguimos foi: 
  1. Lavamos a leituga, a escarola, a rúcula e os ravos. 
  2. Troceamos os ravos. 
  3. Picamos o queixo. 
  4. Botamos todos os ingredientes nun recipiente. 
  5. Mesturamos. 
  6. Engadimos as pasas, o sal e o aceite. 
  7. Se nos apetece, podemos engadir un pouco de vinagre de Módena.

Premendo na seguinte imaxe, poderedes acceder ó álbum de fotos da sesión. 


A replicar!

Comentarios