EN 4º B COCIÑAMOS...

... pisto con ovos!

O primeiro grupo de alumnos e alumnas de 4º B de Primaria comezou a súa quenda de traballo na cociña. O noso menú consistiu nun pisto con ovos

No seguinte vídeo podedes ver un pequeno resumo do que vivimos.

Que proceso seguimos para preparar este suculento menú?

  1. Lavamos ben o porro, o pemento, a cabaciña e a berenxena. 
  2. Cortamos a cebola, o porro e o pemento e trozos pequenos 
  3. Pelamos as patacas e a cenoria. Unha vez peladas, lavámolas e picámolas en cadradiños. 
  4. Nunha cazola cun pouco de aceite botamos a cebola, o porro e o pemento.  
  5. Cando estean un pouco pochadas engadimos o resto dos ingredientes e sazonamos con sal. 
  6. Removemos e botamos un pouco de salsa de tomate. En verán podemos sustituílo por tomate troceado.  
  7. Botamos un pouco de auga. Cando todo estea a ferver deixamos facer coa tapa a fogo lento.  
  8. Cando a pataca estea branda abrimos enriba do pisto os ovos, e deixámolos facer un pouco. 
  9. Pero non demasiado, para que a xema non se endureza. 

Pan cortado; mesa preparada.Todo listo para comer. Gustades?



Comentarios