COCIÑANDO EN 1º B


Primeira quenda de cociñeiros e cociñeiras. 

O alumnado de 1º B comezou as súas sesións no Obradoiro de Cociña. Desta vez cociñamos dous pratos: ensalada de produtos da horta e pizza de espinacas e acelgas

Comezamos explicando os ingredientes que precisamos


ENSALADA DE PRODUTOS DA HORTA

  1. Lavamos a leituga, os tomates e os ravos.
  2. Troceamos a leituga e botámola nun recipiente. 
  3. Troceamos os tomates e os ravos en cadradiños pequenos. 
  4. Cortamos o queixo en tacos. 
  5. Botamos todos os ingredientes no recipiente. 
  6. Engadimos sal e aceite. 

PIZZA DE ESPINACAS, ACELGAS E MILLO DOCE


Para a masa: 
  1. Botamos a fariña nun bol.
  2. Mesturamos o lévedo coa auga quente, ata que se desfaga. Engadímola á fariña.
  3. Botamos unha pinga de sal.
  4. Mesturamos, ata facer unha bola. (Se a masa quedase moi dura, botamos un pouco de auga; e se pegase, botámoslle un pouco máis de fariña). 
  5. Deixamos repousar alomenos media hora cun pano enriba. 
Para o recheo:
  1. Lavamos as espinacas e as acelgas.
  2. Pómolas a cocer nunha ola con auga e sal.
  3. Retirámolas do lume e troceámolas cunhas tesoiras.
  4. Engraxamos con margarina unha bandeixa de pizza.
  5. Pomos a bola de masa no centro da bandeixa e estirámola ata que quede cuberta toda a superficie. 
  6. Cubrimos a superficie con salsa de tomate. 
  7. Engadimos por toda a superficie as lonchas de queixo. 
  8. Botamos as acelgas e as espinacas troceadas, repartíndoas por toda a superficie. 
  9. Facemos o mesmo co millo doce. 
  10. Engadimos o queixo raiado. 
  11. Metemos no forno a 180º durante 15 ou 20 minutos. 
Premendo na seguinte imaxe accederedes ó álbum de fotos da xornada. 


A cociñar!






Comentarios