QUE COMIDA TAN DELICIOSA!

 

Cociñando co alumnado de 1º B de Primaria. 

A segunda quenda de rapazas e rapaces de 1º B de Primaria estivo esta semana na Cociña da Tomasa. Preparando un menú a base de produtos da horta que fomos, previamente, buscar. 

Nesta ocasión, os nosos pratos foron: crema de verduras da horta e arroz con verduras

Ademais de gozar traballando xuntos e probando a nosa comida, nesta ocasión tivemos uns invitados de luxo: a nosa compañeira de 3º B, Yuni, e as profes Rocío e Tania

Neste vídeo poderedes coñecer os ingredientes que empregamos e tamén vernos en acción mentres traballabamos. 


CREMA DE VERDURAS DA HORTA


    1. Pelamos a cebola e partímola en trozos grandes. 
    2. Lavamos o porro e o pemento e partímolos en trozos grandes. 
    3. Lavamos o apio, as verzas, as acelgas e a leituga a troceámolos.
    4. Pelamos a pataca. Lavámola e troceámola en anacos grandes. 
    5. Introducimos todos os ingredientes anteriores nunha ola. 
    6. Botamos sal e auga, e pomos todo a cocer. 
    7. Cando a pataca está branda retiramos.
    8. Batemos todo co batedor. 
    9. Engadímoslle dous queixos en porcións. 
    10. Preparado para servir!
ARROZ CON VERDURAS


    1. Pelamos a cebola e troceámola moi fina. 
    2. Lavamos o porro e o pemento. Picámolos en trozos pequenos. 
    3. Lavamos as acelgas. Picámolas. 
    4. Pelamos as cenorias. Lavámolas e picámolas en anacos pequenos. 
    5. Debullamos as fabas e pelámolas. 
    6. Nun wok botamos a cebola, o porro e o pemento, cun pouco de aceite e sal. 
    7. Pómolo ó lume. 
    8. Cando estea pocheado engadimos a cenoria, as acelgas e as fabas. Deixámolo facer. 
    9. Engadimos un pouco de salsa de tomate. Mesturamos.
    10. Medimos un vaso de arroz. Mesturamos todo. 
    11. Engadimos dous vasos de auga. 
    12. Deixamos ferver ata que a auga se consuma. 
Premendo na seguinte imaxe accederedes ó álbum de fotos. 


Que mellor frase para resumir esta experiencia que a que pronunciou espontaneamente Alén: Que ben se pasa cando facemos algo entre todos!





Comentarios