EDUARDO SANTIAGO, NA NOSA BIBLIOTECA

Co alumnado de 4º de Primaria.

Hai unhas semanas estivo na nosa escola Eduardo Santiago, o autor de A miña amiga invisible. Ademais de ler o libro, a rapazada preparou uns fermosos murais, e mantivo unha interesante conversa co autor. 





Antes de marchar, o escritor asinou os libros dos cativos, e tamén deixou unha adicatoria no exemplar da biblioteca. 



Comentarios