EN 3º B COCIÑAMOS...

Crema de cabaza e revoltos de grelos e tirabeques. 

O derradeiro grupo de alumnado de 3º B estivo na Cociña da Tomasa, preparando dous pratos: crema de cabaza e revoltos de grelos e tirabeques

No seguinte vídeo podemos darnos unha idea de como funcionou o obradoiro. 



CREMA DE CABAZA



Este foi o proceso que seguimos: 

  1. Retiramos as pebidas da cabaza, pelámola e cortámola en anacos.
  2. Lavamos o porro, o pemento e o apio e partímolos en trozos grandes. 
  3. Pelamos a cebola e partímola en trozos grandes. 
  4. Pelamos a pataca, lavámola e partímola en anacos grandes. 
  5. Metemos todos os ingredientes nunha ola. Engadimos sal. 
  6. Pomos todo a cocer. 
  7. Cando a pataca estea branda apagamos.
  8. Pasamos todos os ingredientes polo batedor, e engadimos dúas pezas de queixo en porcións. 

REVOLTO DE GRELOS



Seguimos este proceso

  1. Lavamos os grelos. Pómolos a ferver nun pouco de auga.
  2. Picamos o allo e un chisco de cebola. 
  3. Batemos tres ovos. 
  4. Pomos na tixola un pouco de aceite. Douramos o allo picado e a cebola.
  5. Cando os grelos estean feitos picámolos e engadímolos á tixola cun pouco de sal. 
  6. Por último, o ovo batido. 
  7. Removemos cun garfo de madeira. 


REVOLTO DE TIRABEQUES



Seguimos este proceso

  1. Lavamos os tirabeques. Picámolos en tiras moi finas.
  2. Picamos o allo e un chisco de cebola. 
  3. Batemos tres ovos. 
  4. Pomos na tixola un pouco de aceite. Douramos o allo picado e a cebola.
  5. Engadimos os tirabeques picados. 
  6. Por último, o ovo batido. 
  7. Removemos cun garfo de madeira. 
Estaba todo boísimo! Queredes probalo? Pois mans á obra!

Comentarios