UNHA TAREFA INVISIBLE...

... pero fundamental!

Neste post queremos destacar a tarefa desenvolvida este curso por dez alumnos e alumnas de 5º de Primaria que, de xeito voluntario, acudiron á Biblioteca durante o recreo, colaborando co profesorado de garda na xestión diaria. 

Cales foron as súas tarefas?

    • A xestión dos empréstitos e devolucións no programa KOHA, baixo a supervisión do profesorado encargado.
    • A colocación das devolucións nas súas ubicacións correctas. 
    • O mantemento da orde dos documentos nos estantes
    • A gravación de programas na radio.
Nestas imaxes podedes ver a profesionalidade coa que desenvolveron as súas tarefas. 








Parabéns, rapazada! E grazas polo voso traballo altruísta e solidario!

Comentarios