CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ
Con Manifesto e música.
Onte, a chuvia impediunos celebrar o Día da Paz tal e como queriamos: todos xuntos no patio cuberto de Infantil. Pero, ante as dificultades, imaxinación! Fixemos o noso acto por grupos, no vestíbulo de Infantil.
Algunhas aulas prepararon as súas pancartas relacionadas co acontecemento. Logo fixemos tres xuntanzas:
- 5 anos, 3º e 4º de Primaria;
- 3 anos, 5º e 6º de Primaria;
- 4 anos, 1º e 2º de Primaria.
A estrutura foi a mesma:
- unha nena de 6º e un neno de 5º leron o Manifesto elaborado polos alumnos de 5º de Primaria;
- logo, cantamos todos xuntos a canción que aprendimos na clase de Música: Pequeño Planeta.
Deixámosvos coas imaxes do día, ás que poderedes acceder premendo na seguinte foto:
Comentarios