POR QUE CHORARÁ O SOL?


Que cres ti?

O mes de xaneiro remata cunha celebración especial: o Día Escolar pola Paz. Tendo en conta o noso PDI deste curso, esta celebración estará moi vencellada á ecoloxía. Por que? Pois porque para que a raza humana e o noso planeta sobrevivan é imprescindible que sexamos quen de cohabitar en harmonía coa natureza.

Nas vindeiras semanas proporemos ó alumnado dos diferentes niveis diversas propostas de reflexión para traballar durante a Hora de Ler.

A primeira, para a semana do 14 ó 18 de xaneiro, será unha canción do grupo Cómplices: Está llorando el sol. Aínda que a canción é a mesma, ofrecemos dous vídeos distintos: para os cativos de Infantil, 1º, 2º e 3º, un vídeo con imaxes; para os maiores, un concerto dos cantantes. Coa finalidade de que poidades seguir mellor o sentido da canción deixámosvos o texto neste enlace.






E agora que temos escoitado a canción: por que credes vós que estará a chorar o sol?

Faládeo na aula e escribide as vosas respostas nun post-it que podedes pegar no mural que situado ó lado da Biblioteca.

Comentarios