TAMÉN EN 4 ANOS A HOUBO VISITA DO APALPADOR
E reparto de castañas!
Os nenos e nenas de 4 anos están a traballar sobre os seres míticos do bosque galego. Entre eles, como non, o Apalpador. Por iso, os da aula de 4 anos A recibiron tamén a visita deste personaxe. Que, neste caso, non era outra que a nai de Candela e Mateo. Como é preceptivo, repartiu castañas. Logo, os rapaces pintaron un debuxo.
Grazas, mami!
Comentarios