E SEGUIMOS COA FORMACIÓN DE USUARIOS


O martes tocoulles o turno ós nenos e nenas de 1º. 

Os nenos e nenas de 1º de Primaria pasaron pola Biblioteca para ter unha sesión de Formación de Usuarios. A idea era que esta sesión os puxera en contacto con diversos documentos que poden ser de utilidade para o seu proxecto, titulado Camiñando polo bosque.

Así, traballamos:
  • distintas fontes nas que recabar información;
  • libros informativos e de ficción; 
  • partes do libro: cuberta, contracuberta e lomo;
  • as etiquetas dos libros: números, letras e cores;
  • os números e materias da CDU;
  • cada libro ten un lugar na Biblioteca.
Os rapaces estiveron atentísimos, e seguro que chegaron a casa contando algunha das cousas que aprenderon. Sólo hai que premer na seguinte imaxe para gozar co álbum da sesión. 


Comentarios