MÁIS FORMACIÓN DE USUARIOS
Co alumnado de 5º de Primaria.
O luns, o alumnado de 5º de Primaria pasou pola Biblioteca para facer a súa Formación de Usuarios vencellada á ALFIN.
Partindo da temática do seu proxecto (relacionado coa enerxía hidráulica) identificamos os aspectos que sería posible traballar, tales como a auga, a electricidade, a tecnoloxía, os ríos, etc.
Onde atopar información? Nos libros, na internet, na Biblioteca, na televisión, na prensa, nas revistas. Tamén consultando con persoas anciás ou expertas.
Accedimos logo a unha selección de documentos, e distinguimos os informativos e os de ficción.
Pero... como saber se un documento pode resultar, realmente, útil para a nosa investigación? Descubrimos varias pistas:
- o título que aparece na cuberta;
- a pequena explicación da contracuberta;
- o índice.
E agora... a investigar!
Comentarios