O APALPADOR ESTIVO NO COLE


Na aula de 4 anos B. 

Comezado o novo ano 2019, pómonos o día cos acontecementos que tiveron lugar no colexio nos últimos días de decembro. Unha delas foi que o mesmísimo Apalpador chegou á aula de 4 anos B. O Apalpador e a súa axudante, que non eran outros que os pais de Xiana. Contáronnos o conto de Antón e o Apalpador, e regalaron a toda a rapazada unha castaña máxica.




Graciñas, familia!

Comentarios