COOPERACIÓN INTERCENTROS


Titorizándonos para plantar árbores. 

Os nenos e nenas de 5 anos están traballando sobre as plantas. Xa teñen feito un herbario, e van sementar, entre outras especies, landras.

Sen embargo, iso de plantar landras non é tan doado.

Grazas á actividade de comezo de curso (Educando no monte) coñecimos que os nenos e nenas do C.E.I.P. Escultor Acuña son uns expertos no asunto. Así que lles pedimos colaboración: ser titores on line para guiar a nosa plantación.

Para eles, según contan os seus profes, foi unha actividade moi estimulante, por tratarse do primeiro traballo no que empregaron as súas tablets novas.

Neste enlace podedes acceder ó sitio web no que teñen aloxado o titorial.

Que xenial é poder colaborar con outros coles para aprender máis e mellor!

Moitas grazas, compañeiros e compañeiras do C.E.I.P. Escultor Acuña!

Comentarios