FORMACIÓN DE USUARIOS en 4º de PRIMARIA
A propósito do noso proxecto.
O venres pasado, os nenos e nenas de 4º curso de Primaria asistiron na Biblioteca a nunha sesión de Formación de Usuarios e Alfabetización Informacional. Hai que dicir que estiveron atentísimos. Descubrimos que algúns deles serán excelentes bibliotecarios. E outros xa levaron documentos en empréstito que lles interesaban para investigar.
O proxecto do grupo de 4º titúlase: Pensando "en verde": Terras e mar de Vigo. A propósito disto reflexionamos sobre varios asuntos. O primeiro deles: onde atopar información?
A resposta foi clara: na Internet, na Biblioteca, nas fotos antigas, e entrevistando a persoas do noso entorno. O que chamamos bibliotecas viventes.
O segundo asunto foi: con este título, que aspectos poderiamos tratar? Fómolos escribindo nunha pizarra. Como vedes, o abano resultante é amplo e variado.
Pasamos logo a analizar unha serie de documentos que estaban seleccionados. O primeiro, foi comprobar as etiquetas. Comprendimos o significado de cada unha das ringleiras que a compoñen e das cores que empregamos. Mesmo tivemos que cambiar a etiqueta dun documento que estaba incorrectamente etiquetado. E comprobamos que Sean é un artista creando sinaturas.
Logo fixámonos en que as etiquetas tiñan diferente numeración, e explicamos que iso era porque trataban temos diferentes. Na carteleira da nosa CDU comprobamos a que materia se correspondía cada número.
Finalmente, amontonamos os documentos segundo o número da CDU, e explicamos en que andeis os ubicaríamos.
Se premedes na seguinte imaxe poderedes visualizar diferentes momentos da sesión.
Comentarios