SOS NA SELVA TROPICAL
Nós tamén somos responsables!
No último número da revista O Papagaio podiamos ler un cómic titulado: Os Homes da Selva, en perigo de extinción. Líchelo? Se a resposta é non, colle rapidamente o exemplar na túa clase ou na Biblioteca.
Os Homes da Selva non son outros que os orangutáns, que viven nas selvas de Malaisia e Indonesia. Pero... sabes o que está a pasar neses lugares...? Temos reunido varios materiais para que te poidas aproximar.
- Para os nenos e nenas de Educación Infantil, 1º e 2º de Primaria, un vídeo: Rang - tan: la historia del bebé orangután y el aceite de palma.
- Para os de 3º e 4º de Primaria, un anuncio de Greenpeace:
- Para os de 5º e 6º de Primaria, unha nova da Agencia EFE:
Queredes seguir investigando?
- Nesta páxina de Greenpeace poderás informarte de que a queima das selvas de Indonesia constitúen un problema non só para os orangutáns, senón para a Humanidade enteira; de cales son as solucións e de que accións está a desenvolver esta ONG.
- Neste magnífico reportaxe do programa En Portada poderás coñecer máis polo miúdo todo o que está a suceder en Indonesia coas plantacións de palma.
Concienciémonos!
Despois de ler a documentación anterior daríaste conta de que o aceite de palma non só afecta ós países do sudeste asiático. Moitos dos produtos que consumimos o conteñen, polo que estamos contribuindo ó problema.
Que tal se revisamos os envases de galletas, chocolates e produtos de beleza? Se atopas como ingredientes o aceite de palma ou aceites vexetais (se especificar) recorta o envase e pégao na corcheira situada ó lado da Biblioteca.
Comentarios