EN 6º DE PRIMARIA TAMÉN TIVEMOS FORMACIÓN DE USUARIOS


Pinga a pinga, compoñendo en verde.

O tema elixido polo alumnado de 6º curso resultou moi poético. Sen embargo, sabemos que nun PDI a condición fundamental é traballar coa información. Así pois... o primeiro foi preguntarnos polas fontes de información que podiamos consultar. E logo, facer unha chuvia de ideas sobre posibles temas que investigar.

Ó principio, o proxecto íase titular Queixumes dos pinos. Lembrar isto proporcionounos moitas respostas, que nos axudaron a coñecer as seccións da CDU nas que podiamos obter información:
  • 58: para saber sobre os piñeiros;
  • 03: para consultar no dicionario que significa "Queixumes";
  • 82: para localizar os libros de poesía que hai na Biblioteca;
  • 78: xa que no poemario Queixumes dos pinos figura o poema que os galegos eliximos como Himno de Galicia, sería bo estudiar a música do mesmo;
  • 92: para investigar sobre a biografía de Eduardo Pondal e outros poetas que escribisen sobre árbores;
  • 29: para coñecer quen era esa figura mitolóxica de Breogán que aparece no Himno galego; 
  • 81: para estudiar a métrica do poema. 
Tamén sería bo coñecer a obra doutros poetas que se inspirasen nas árbores. Por iso pensamos que nos queda pendente outra formación de usuarios para aprender a usar a opacmeiga

Deixámosvos con outras imaxes da sesión.







Comentarios