PATRULLA ANTI-PRAGAS EN ACCIÓN
Coidamos as árbores novas da nosa escola.
Como lembraredes, os Reis Magos deixaron unhas árbores novas no noso xardín. Dende a pasada semana, todos os nenos e nenas do colexio están a pasar por alí para coidar ou plantar.
A semana pasada, aproveitando o bo tempo, os máis cativos convertéronse nunha auténtica patrulla anti-pragas. Axudados polos monitores, estiveron a sementar allos arredor das árbores, a modo de barreira. Deste xeito, quedarán protexidas contra posibles agresións.
Na seguinte imaxe podedes ver a actividade desenvolvida polos cativiños de 3 a 4 anos.
E nestoutra tendes ós de 1º de Primaria:
Pola súa banda, os maiores axudaron a plantar árbores de mediano porte. (Premede para ver máis imaxes).
Comentarios