SEMENTANDO EN 1º A
Facer e documentar.
Os cativos e cativas de 1º A están investigando como medran as plantas. Así que decidiron plantar semilleiros.
Hai uns días a profe explicou o que ían facer. Lucas comentou: Non sei se me lembrarei de todo cando chegue o momento. E este comentario deu lugar a unha fermosa actividade. Por que non redactar unhas instrucións?
Así foi como un grupiño de cativas e cativas crearon un sinxelo titorial empregando a ferramenta Book Creator.
Quedou precioso, verdade? Sen embargo, o produto non é o importante senón as moitas cousas que aprenderon con esta actividade:
- reforzaron os seus coñecementos de escritura
- crearon un texto instrutivo
- ordearon secuencias de accións
- descargaron imaxes libres de dereitos
- aprenderon a sacar fotos
- traballaron a expresión oral
- melloraron o uso da lingua galega
- traballaron en equipo
É dicir, traballaron competencias moi variadas: lingüística, dixital, social e natural.
E como unha imaxe vale máis que mil palabras, se premedes na seguinte accederedes ó noso álbum de fotos.
Comentarios
Parabens!