PDI MAXIA E FANTASÍA: "A MAXI ESTÁ EN TI"

Durante este curso o alumnado de 4 anos mergullouse nun apaixonante proxecto de maxia e fantasía. O noso punto de partida foi a investigación sobre o conto de O Mago de Oz, descubrindo os seus personaxes, os seus valores e as mensaxes tan especiais que agocha esta historia clásica.

Ao longo da investigación foron comprendendo que, igual que lle acontece a Dorothy e aos seus amigos, a verdadeira maxia non está nun lugar afastado nin en poderes imposibles, senón dentro de cada un de nós: na valentía, na amizade, na intelixencia, na empatía e na capacidade de superar retos.

Inspirándonos neste universo fantástico, decidimos converter a nosa aula nun auténtico obradoiro máxico. Creamos o noso propio grimorio fantástico, un libro cheo de descubrimentos e creacións sorprendentes. Nel incluímos:

  • Experimentos científicos convertidos en “pocións máxicas”.

  • Apócemas elaboradas con moita imaxinación.

  • Conxuros máxicos para a paz e para non ter medos.

  • Criaturas fantásticas e elementos misteriosos.

Cada actividade permitiunos aprender dunha maneira divertida, manipulativa e moi creativa, mesturando fantasía e ciencia nun mesmo proxecto.

                 

Para recoller todo o traballo realizado elaboramos tamén un lapbook, no que organizamos os nosos aprendizaxes, investigacións e creacións. 

Foi un proxecto cheo de ilusión, descubrimentos e momentos inesquecibles nos que comprobamos que a lectura, a creatividade e a curiosidade poden abrir as portas dos mundos máis fantásticos.

"Porque a verdadeira maxia… está dentro de nós"

Comentarios