VENRES DE XOGOS NA BIBLIOTECA

Desde o Equipo de Convivencia puxeron  en marcha unha nova iniciativa: os Venres Xogóns na biblioteca do centro, como un espazo de encontro, aprendizaxe e diversión para o alumnado que o desexa.

A idea nace co obxectivo de abrir a biblioteca a novas experiencias, fomentando a convivencia e o xogo en equipo. Para facelo posible, contamos coa colaboración dunha persoa moi especial: unha nai do cole cunha grande traxectoria e experiencia nos xogos de mesa, que ademais se ofreceu xenerosamente para vir ao centro e dinamizar as sesións.

Grazas á súa axuda, o alumnado pode descubrir xogos adaptados ás distintas idades e niveis, aprendendo normas, estratexias e, sobre todo, gozando do xogo compartido.

Moitas grazas  Andrea por facer posible esta iniciativa!





Comentarios