ALUMNAS BIBLIOTECARIAS CONTADORAS
Unha experiencia de autonomía e boa organización.
Hai unhas semanas, Naomi e Carmen comentáronnos o seu desexo de contar un conto ós cativos de 5 anos durante a Hora de Ler. Por conta delas correu falar con Mª José, a profe dos nenos, elixir a historia, preparar os debuxos e organizar o guiñol.
Con apenas dous ensaios en común, teceron unha magnífica sesión na que non faltou detalle: ata escribiron o nome de cada neno da aula, adxudicándolle un lugar escollido.
O conto que prepararon titulouse A cousa que máis doe do mundo. Hoxe pola mañán contáronnos a súa satisfacción, e o desexo de facer outra contada antes de que remate o curso.
Se premedes na seguinte imaxe poderedes gozar con outros momentos da sesión:
Que orgullo de alumnas bibliotecarias! Seguro que esa pasión pola lectura ha de durarlles toda a vida! Grazas, rapazas!
Comentarios