E OUTRA VEZ CON ÁNGELES ESCRIBANO!


A nosa contadora oficial. 

Por terceira vez este curso, Ángeles Escribano achegouse novamente á nosa Biblioteca. Esta vez, para contar ós máis cativiños do cole: os de 3 anos.

Co seu acompañante Boris, Ángeles deixou á rapazada marabillada. Que atención prestaron! Que contentos quedaron!

Se premedes na seguinte imaxe, poderedes aceder ó álbum de fotos da sesión.


Unha vez máis, Ángeles: grazas polo teu agarimo, pola túa disposición... e polos teus contos!



Comentarios