RECITANDO COS NOSOS VECIÑOS
Poesía en APAMP e Alento.
O día 6 de maio, os grupos gañadores do Concurso de Recitado acudiron ó noso encontro anual cos usuarios de APAMP e Alento en torno ó Día do Libro. Os alumnos e alumnas participantes foron:
- 1º de Primaria: Medrou unha planta (Antonio García Teijeiro)
- 2º de Primaria: No río bailan os peixes (Antonio García Teijeiro)
- 4º de Primaria: O mar parece (Ana Mª Fernández)
- 5º de Primaria: Querido río
Xa que este ano as datas non nos acompañaron (o Día do Libro coincidiu co comezo do Terceiro Trimestre), decidimos organizar o evento nunha data intermedia entre ese día e o Día das Letras Galegas.
No seguinte vídeo aparecen rexistrados uns pequenos anacos da actuación.
Por último, premendo na seguinte imaxe accederedes ó álbum de fotos da sesión.
Para rematar, en ambas as dúas institucións quixemos agasallar ós usuarios con poesía: por iso lles fixemos entrega dun exemplar de Un rato díxolle á lúa , o fermoso poemario de Antonio García Teijeiro,
Comentarios