ENCONTRO LECTOR EN CASTRELOS
VI Quedada Literaria.
Por segundo ano consecutivo a nosa escola participou nesta gran festa da lectura en galego que organiza o Servizo de Normalización Lingüística xunto coas escolas participantes (CEIP O Pombal, CEIP Castelao, CEIP Chans - Bembrive, CEIP Frian - Teis, CEP Doutor Fleming, CEIP Virxe do Rocío, CEIP Emilia Pardo Bazán, CEIP Eduardo Pondal, CPI da Ribeira, CEIP Seis do Nadal, CEIP Ría de Vigo, CEIP Carrasqueira, Escola de Educación Infantil Rúa Aragón, IES Santomé) e a Biblioteca Neira Vilas.
No Parque de Castrelos xuntáronse un total de 1200 nenos e nenas para ler, recomendar, intercambiar marcapáxinas e convivir. Os encargados de representarnos nesta festa da lingua foron os alumnos e alumnas de 1º, 2º e 5º de Primaria. Se premedes na seguinte imaxe poderedes ver máis momentos do encontro.
A festa rematou magnificamente: coa sempre marabillosa Bea Campos.
Mil Quedadas para a nosa lingua!
Comentarios