ARTE CON LIXO


A mamá de Valentina fixo connosco cousas incribles.

Hai un par de semanas, a mamá de Valentina achegouse á aula de 1º de Primaria para compartir connosco a súa creación artistica.

Todo partíu da convocatoria feita pola Comisión de Convivencia, que pediu ás familias colaboración para aportar obxectos elaborados con material de refugallo cos que facer unha exposición.

Inspirándose na obra de Thomas Deininger, a mamá de Valentina creou un fermoso cadro. E achegouse con el á aula da nena.



A través de varios vídeos coma este deu a coñecer ó autor e a súa obra.



E logo, como non, animámonos a traballar nós deste xeito. (Premede na seguinte imaxe para ver outras fotografías de sesión).


Como quedará Castelao traballado con esta técnica? Estamos desexando coñecer os resultados!

Comentarios