FAMILIA CONTADORA...


... ó completo!

O 13 de maio estiveron na aula de 4 anos B Rubén e mais a súa familia ó completo: o pai, a nai, e o seu irmán Lucas.

Contáronnos un conto titulado Elmo te abraza. E, ademais, presentáronnos outros dos contos favoritos do noso compañeiro. Pero eran tantos, que non houbo tempo de lelos. Así que haberá que esperar a outra ocasión para facelo.






Grazas, familia!

Comentarios