UNHA ARAÑEIRA DE INCLUSIÓN...


... e de solidariedade!

Como cada ano, a Asociación de Dano Cerebral APAMP quere dar a coñecer a súa labor cunha fermosa instalación. Consiste na confección dunha tea de araña que decorará as rúas da nosa cidade.

Os usuarios de APAMP non están sos nesta tarefa. A peza que están a compoñer xa percorreu moitos espazos e asociacións. O venres pasado, día 24, tocoulle a quenda á nosa escola.

Con eles estiveron os rapaces de 1º, 2º, 5º e 6º de Primaria. Un rato de convivencia e de curiosidade por aprender a tecer.

Se premedes na seguinte imaxe veredes o interesados que estiveron no asunto.


Talvez este sexa o inicio do noso recuncho creativo de tecido! Moitas grazas por compartilo con nós, amigos de APAMP!

Comentarios