LER COS OÍDOS...
... e co corazón.
O pasado 26 de abril, a rapazada de 4 e 5 anos, e os de 1º e 2º de Primaria acudimos a un espectáculo excepcional: Cine miúdo. Un marabilloso show creado polo trío Caspervek que acompaña películas de cine mudo coas súas propias composicións musicais. Magnífica ocasión para experimentar emocións a través da música, e para decatarnos de que esta resulta un elemento imprescindible na séptima arte.
Se premedes na seguinte fotografía poderedes acceder ó álbum de fotos da sesión.
Houbo ocasión para sonorizar películas empregando os nosos instrumentos corporais, e para que o profe Jorge nos dera unha lección de interpretación.
Comentarios