MAÑÁ LITERARIA


Con Ánxela Loureiro e Ota. 

Esta mañá, a rapazada de 3º curso de Primaria tivo unha visita de excepción: Ánxela Loureiro, a creadora da entrañable gaivota Ota.

Ánxela viña cargada de historias, de imaxes e de música. Coa súa guitarra puxo ós cativos a cantar. E, finalmente, firmou os exemplares do libro que leron durante este curso: o fermosísimo Ota quere voar.



Como non, para rematar, a autora firmou no Libro de visitas da Biblioteca.

(Se premedes na imaxe poderedes visualizar outros intres do encontro).


Comentarios