FESTA DAS LETRAS


Así o celebramos.

Como cada 16 de maio, as portas de nosa escola abríronse ás 12:00 da mañá para acoller ás familias que acudiron a ver as actuacións preparadas con tanto esmero polo alumnado. Unha Festa das Letras Galegas na que a música e o teatro foron os protagonistas.



Erea e Gael, alumnos de 6º curso de Primaria, foron os encargados de presentar o acto. Neste enlace podedes botarlle unha ollada o texto que leron.

Estes son os vídeos da actuación, na mesma orde en que se sucederon.

  • Educación Infantil 3 anos A: Perico Pérez (canción)



  • 1º de Primaria: O monstro do lixo (teatro)


  • Educación Infantil 3 anos B: Dime que fixeches (canción)


  • 2º curso de Primaria: A xacia Luviñas (teatro)


  • Educación Infantil 4 anos A: Unha vella tiña un can (canción)


  • Educación Infantil 4 anos B: A reciclar (canción)


  • 4º curso de Primaria: Todo é un conto (teatro)


  • Educación Infantil 5 anos: Fun ó mercado (canción)


  • 3º curso de Primaria: Foliada marmuradora (canción)


  • 5º curso de Primaria: Escolma poética de Xosé Neira Vila


  • 6º curso de Primaria: Himno Galego



Aquí remata o resumo do noso Festival das Letras Galegas 2019. Un festival que resultou magnífico. Parabéns a todos os que o fixeron posible: ós mestres e mestras, que prepararon con esmero estes números; ós nenos e nenas, que mostraron unha grande responsabilidade na interpretación; e ás familias, un público entregado sen o que o espectáculo non tería sido igual de emocionante.


Comentarios