UN BOSQUE DE HUMANIDADE
As árbores xenealóxicas dos nenos e nenas de 5 anos.
Este curso, os nenos e nenas de 5 anos estiveron a traballar sobre as plantas, e elaboraron un meticuloso herbario.
Para rematar, e xa que o noso PDI trata de bosques, preséntannos unha colección de árbores cheas de humanidade que constitúen o Bosque da aula de 5 anos: a colección das súas árbores xenealóxicas. Un traballo feito en familia e compartido cos compañeiros, rebosante de creatividade e cercanía.
Comentarios