IMOS Ó TEATRO


Guyi, Guyi. 

O pasado día 9 de maio, os rapaces e rapazas de 4 e 5 anos acudiron ó Auditorio de Afundación para participar nun marabilloso espectáculo teatral titulado Guyi, Guyi.

Unha obra tenra que lembraba moito ó Parrulo Feo e que fixo as delicias dos cativos. Estiveron atentísimos, caladísimos, riron... e, espontaneamente, catalogaron ó protagonista como un crocopato.

Ó rematar, as dúas actrices fixéronse fotos cos rapaces.

Se premedes na seguinte imaxe, poderedes acceder ó álbum de fotos da xornada.


Un espectáculo magnífico, e uns espectadores de luxo!

Comentarios