A TARTARUGA QUE QUERÍA DURMIR



Contada en 5 anos.

Este é o título do conto que Mateo, Carmen e Naomi foron contar á aula de 5 anos. Temos que dicir que, moi profesionais eles, ensaiaron varios días na Biblioteca, e chegaron cargados de material para a posta en escena.

Segundo nos contan os propios contadores, os ensaios foron moi divertidos.

O día do estreno, os cativos pasárono realmente ben. Seica tiveron que colaborar repetindo certos retrousos ("va..."; "tic, tac, tic, tac...). E, ó final, recibiron como agasallo pegatinas.

As imaxes reflicten claramente o ben que o pasaron Mateo, Carmen e Naomi. Pero, ademais, exprésano con estas palabras: "foi unha experiencia moi bonita".



(Premede na imaxe para acceder ó álbum de fotos)

Grazas, chicos, polo voso traballo e polo voso entusiasmo!


Comentarios