ENTROIDO... EN VERDE!
O patio cuberto encheuse de música, colorido e familias ansiosas por ver ós cativos.
Ás doce da mañá comezaron a desfilar as distintas aulas, nun festival vencellado ós bosques, ás augas e á preservación das tradicións: dinosaurios, paleontólogos, personaxes mitolóxicos, horticultores, sendeiristas, electricistas... nunha palabra: Galicia toda!
Actuaron magnificamente coma mestres de cerimonias dous compañeiros de 6º curso de Primaria, que leron esta presentación.
Premendo na seguinte imaxe poderedes ver moitos momentos divertidos da xornada:
Rematou a festa coa merenda de produtos de Entroido aportados polas familias.
Neste enlace poderedes consultar imaxes da merenda en Educación Infantil.
E nestoutro, as fotos que, desta festa, nos teñen achegado os membros da ANPA.
Agora, rapaces, a gozar destes cinco días de Entroido. Vémonos o xoves día 7!
Comentarios