O TRASNO MEMBRILLO
Teatro de sombras en 4 anos B.
O 7 de marzo estiveron na aula de 4 anos B Noel, a súa irmá Uxía e os seus pais, contándonos a historia do Trasno Membrillo e dunha morea máis de habitantes do bosque. O máis fantástico é que empregaron un máxico teatro de sombras.
Ó rematar o conto, fixemos todos unha casiña dos trasnos, que levamos para casa.
E aquí estamos todos, posando co noso traballo concluido.
Moitas grazas familia! Que completo está a quedar o noso PDI coa vosa axuda!
Comentarios