CASTELAO EN VERDE


O noso telexornal para traballar a Semana da Prensa. 

Aínda que fóra de data, no colexio, este curso, volveremos traballar coa prensa. Pero desta vez queremos facer un telexornal sobre temas ecolóxicos que titularemos Castelao en verde.

Que teremos que facer?

  1. Cada grupo de alumnos/as preparará unha sección do telexornal. 
  2. O alumnado bibliotecario dará unidade ó programa. 
Como faremos?
  1. A cada curso se lle encomendará unha sección.
  2. Para documentarse, tense creado unha entrada no blog para cada grupo. Neste post atoparedes unha mesma nova tratada na prensa e nun telediario, así como a análise dos seus respectivos elementos. 
  3. Co material anterior, deberemos establecer as diferenzas entre a prensa escrita e a prensa televisada. 
  4. Tendo en conta estes aspectos, cada aula elixirá unha nova vencellada co tema ecolóxico (e relacionada coa súa sección) que teña sucedido ó longo do curso. O equipo de biblioteca aportará unha selección de novas da prensa escrita; pero, se o preferides, cada grupo pode elixir outras. 
  5. Cada aula creará o guión para a súa nova, seleccionará as imaxes que vaia empregar como fondo e preparará a posta en escena. 
Organización das distintas seccións: 
  • Educación Infantil: anuncios
  • 1º de Prmaria: o tempo
  • 2º de Primaria: Sociedade (Cultura, Economía)
  • 3º de Primaria: Local
  • 4º de Primaria: Galicia
  • 5º de Primaria: Nacional
  • 6º de Primaria: Internacional
Propostas de traballo: 
Selección de novas que podedes tratar:

Neste muro de Padlet tedes unha serie de novas organizadas por columnas (cada columna corresponde a un curso, e a temática citada no punto Organización das distintas seccións).


Hecho con Padlet

Que teñades un traballo moi frutífero!

Comentarios