CANTO LIXO POR VAGANCIA!
Na costa e no interior.
A nosa compañeira Xela (4 anos A) estivo visitando ó seu avó en Rodeiro. E na cuneta da estrada de acceso atopou o lixo dalguén moi vago que tivo preguiza de botalo ó contenedor.
Por outra banda, os rulos da herba que serve de comida ás vacas tamén deixan pegada: unha morea de plásticos que afean a paisaxe.
No agro galego, de sempre, somos expertos en economía circular. Pero os plásticos non son biodegradables. Ó contrario: estragan a paisaxe e poden afectar ós animais e ós cultivos.
Moitas grazas, familia, por nos axudar nesta investigación!
Comentarios