DOMINGO DE SOL... E LIXO!


Na praia de Samil!

A familia de Mateo (4 anos A) e Candela (5 anos) ven de enviarnos unha foto tomada o pasado domingo 24 de marzo na arboreda da praia de Samil. Se lembrades, un día fermosísimo, que convidaba a visitar a praia e a pasear. Mágoa que, no sitio reservado para comer e descansar, atopemos o lixo dos que son un pouco preguiceiros para achegarse ata as papeleiras!

Grazas, familia, por estares tan concienciados co medio ambiente!


Comentarios