O LIXO QUE NON TRAE A MAREA


A desidia humana na beira do mar. 

Seica na Illa de Arousa, cada ano, recóllense moreas de restos que chegan ás súas fermosas praias por mor das correntes. Un grupo de xente concienciada e xeitosa limpa, ano tras ano, as praias porque aman a súa Illa e queren ofrecer unha imaxe saudable da súa contorna.

Sen embargo, ás veces, o descoido, a falta de coidado, a ausencia de papeleiras, ou, simplemente, a vagancia, fan agromar lixo onde non chega a marea.

A familia de Teo e Noa achegouse a este paraíso, e fotografou, no paseo da praia do Bao, restos de luvas e botes plásticos.

Xa na nosa cidade, na pista de modelismo de Samil, apareceron os cascos de botellas e os restos de plásticos, despois dunha noite de botellón.

O dito noutras ocasións: divertirse está ben; pero se o facemos pensando nos demais e na Natureza, moito mellor.


Grazas, familia, por compartir connosco as vosas observacións!


Comentarios