FALEMOS DE GALICIA



Traballamos a Semana da Prensa.

Para conmemorar a Semana da Prensa, temos pensado elaborar un telexornal titulado Castelao en verde. O alumnado de 4º de Primaria será o encargado de preparar a sección de Galicia.

Antes de se pór mans á obra é preciso documentarse. Por iso deixamos aquí a nova de que o pazo dun narcotraficante galego vaise converter nun centro de persoas maiores.

En primeiro lugar, imos ver como se tratou esta nova (de finais do mes de febreiro) na prensa. Fíxate nesta imaxe dixital  que temos feito da versión dixital do Faro de Vigo, e coñece as diversas partes dunha nova da prensa escrita.

Le a nova completa neste enlace.

Agora fíxate como está tratada a nova na televisión. (Comeza o vídeo a partir do minuto 25:07).




Nesta nova imaxe interactiva explicámosche os elementos que debe ter a túa nova.


Xa estás preparado para crear a túa propia nova! A traballar!

Comentarios