LENDO Ó SOL


Ou á sombra, según se mire. 

O martes pasado tivemos unha gran sorpresa: á Hora de Ler descubrimos que as gradas do patio cuberto estaban ocupadas por un animado grupo de lectores. Tratábase dos alumnos e alumnas de 6º curso de Primaria.

Aproveitando o bo tempo, a titora e os rapaces decidiron entregarse á lectura gozando do sol. Aínda que, dada a elevada temperatura, non tiveron máis remedio que refuxiarse á sombra do formigón.


Cando se trata de ler, calquer sitio é bo. 

Comentarios