LIXO DE RESACA


Divírtete sen mancar a Natureza. 

A familia de Layna e Athenea vennos de enviar esta montaxe fotográfica. Foi tomada onte, sábado, ás 11 da mañá, na Praza da Estrela.

Ademais do ataque á Natureza, o estado en que queda a praza todas as fins de semana resulta moi perigoso: numerosos nenos e cans acuden a este lugar polo día, e poden cortarse cos restos de copas e botellas desperdigados polo céspede.

Como di a nosa familia: divertirse non está reñido con coidar do entorno.

Grazas, familia, pola vosa aportación!

Comentarios