UNHA MULLER DO MAR


Charla co gallo do Día da Muller Traballadora

Para celebrar o Día da Muller Traballadora, os nenos e nenas de 3º e 4º de Primaria recibiron a Gema na Biblioteca o luns 11 de marzo.

Gema é bióloga mariña. Así que o primeiro que fixo foi un sondeo para saber se a rapazada tiña algunha relación co mar.

Aproveitou tamén para explicar a invisibilidade da muller no sector pesqueiro, tanto no pasado como na actualidade. Para iso fixo un breve percorrido ó longo da historia sobre a presencia da muller no sector pesqueiro.

Para rematar, visualizamos unhas entrevistas a mulleres e homes que traballan no mar, para poder entender mellor a súa realidade cotiá: a conciliación familiar, o papel da muller na pesca de altura e baixura, etc.









Moitas grazas, Gema, por nos acompañar! E grazas tamén a Erika e Marina por nos informar sobre o que aconteceu durante a charla. 

Comentarios