2 de ABRIL


Día Internacional do Libro Infantil.

Hoxe, data do nacemento de Hans Christian Andersen, celebramos o Día Internacional do Libro Infantil. Como cada ano, o IBBY convida a celebrar esta xornada de promoción da literatura infantil e xuvenil. E faino da man da escritora estadounidense Margarita Engle (que ten redactado o manifesto para esta conmemoración) e o ilustrador brasileiro Roger Mello. A tradución ó galego é de María Canosa

Cando lemos, á nosa mente médranlle ás.
Cando escribimos, os nosos dedos cantan.
As palabras son golpes de tambor e frautas na páxina,
paxaros voadores e elefantes trompeteiros,
ríos que flúen, fervenzas que caen,
bolboretas que viran
alto no ceo!
As palabras convídannos a bailar
ritmos, rimas, latexos do corazón,
cascos e bater de ás, contos antigos e novos,
fantasías e verdades.
Esteas cómodo na casa
ou atravesando veloz as fronteiras cara unha nova terra
e unha lingua estraña, as historias e poemas
perténcente.
Cando compartimos palabras, as nosas voces
vólvense música do futuro,
paz, alegría e amizade,
unha melodía
de esperanza.

Grandes e cativos anímannos a ler nesta xornada tan especial.


Feliz día!

Comentarios