PENSANDO E EXPERIMENTANDO COS MBOTS


Co alumnado de 5º B. 

Rematando o segundo trimestre, o alumnado de 5º B achegouse á Biblioteca Creativa para tomar contacto cos mBots

O primeiro foi deixar camiñar o "bichiño" libremente polo espazo. Coa observación descubrimos que, cada vez que detectaba un obstáculo, o robot cambiaba de dirección. 

Tras esta evidencia explicamos que o aparato inclúe un sensor de presencia que lle fai reaccionar deste xeito. Diego explicounos que se trata dun sensor de ultrasons. Este dispositivo emite unha pulsación de alta frecuencia, non audible para o ouvido humán. Este son rebota nos obxectos, e, dependendo do tempo en que se recibe a resposta, o robot pode calcular a presenza de obstáculos. 

Pero este sensor non só está presente no pequeno robot, senón tamén na nosa vida diaria. A rapazada puxo a funcionar os miolos, e descubriu un sinfín de utilidades: 
  • no portal, a luz acéndese cando alguén entra;
  • cando aparcas o coche, un pitido indica que hai outro vehículo moi perto; 
  • cando entras na casa acéndese a luz;
  • algúns maleteiros ábrense cando te achegas;
  • hai portas de cristal que se abren en canto te achegas;
  • algúns ascensores dan unha mensaxe cando entras neles;
  • ...
Tras isto, comezamos a manexar o mBot co mando a distancia, intentando sortear distintos obstáculos. Tamén os nosos corpos formando os máis variados túneles. (Premede na imaxe para acceder ó álbum de fotos).


Como vedes, o tema promete. 



Comentarios