O ALUMNADO DE EDUCACIÓN INFANTIL...


... visita a Biblioteca da Maga Tomasa.

Este curso está sendo moi distinto ós anteriores. A necesidade de manter os grupos burbulla impediu que, ata o intre, o alumnado de Educación Infantil accedese ó recinto da Biblioteca, aínda que non por iso deixasen de participar nas nosas actividades. 

Sen embargo, para conmemorar unha data tan especial como o Día da Poesía, por fin se produciu o esperado encontro. Todo o noso alumnado acudiu ilusionado para gravar os seus poemas. Algúns aproveitaron para escoitar un conto. Outros, para explorar os novos espazos bibliotecarios. A Maga Tomasa estivo un pouco despistada á hora de retratalos. Pero estar, estiveron todos, todiños. 

Deixámosvos con estas imaxes, que reflicten o seu traballo e a súa ilusión. (Premede na seguinte foto para acceder ó álbum). 


Gozoso bautismo!

Comentarios