DESCUBRIMOS O MUNDO DAS ONDAS
En 6º curso de Primaria.
Os xoves a última hora, un grupo rapaces e rapazas de 6º curso de Primaria está a desenvolver un obradoiro de Habilidades Sociais na biblioteca. Tras poñerse dacordo, teñen pensado investigar sobre o Maltrato animal, e, talvez, poder entrevistar a alguén. Pero... por que non facer un programa de radio?
Ata o de agora, non tiveran ocasión de coñecer o noso novo estudio de gravación. Así que entramos, sentamos, conectamos os cascos, e comezamos a escoitar as nosas voces.
Unha sensación fascinante. Mágoa que era a hora de marchar. Pero as nosas voces quedaron gravadas, e o vindeiro día poderemos escoitalas. A sorpresa vai ser grande.
Comentarios