BUSCAS NA OPAC MEIGA


Para aprender a elixir as nosas lecturas. 

Este curso, como diciamos hai uns posts, o empréstito bibliotecario ten cambiado. Timidamente, no segundo trimestre, comezamos a facer préstamos en Educación Infantil e nalgunha aula de Primaria. Pero queremos que sexa o propio alumnado o que poida elixir as súas lecturas, especialmente nos cursos máis elevados. Por iso é preciso achegar á rapazada ó catálogo, con diversos exercicios de buscas na opacmeiga

Noutra sesión anterior, en 5º A, aprendemos a facer buscas por autor. Hoxe tocou o momento de aprender a facer buscas por materia

Primeiro explicamos como temos que proceder, facendo exemplos de busca conxunta. Isto nos permitiu revisar algúns conceptos, como descifrar os códigos das etiquetas, lembrar algúns números da CDU, recoñecer que un mesmo documento pode ter varias materias, recoñecer que nas bibliotecas non só hai libros...



E logo, cando xa estivemos preparados, individualmente, fixemos as nosas propias buscas. Este é o documento que empregamos. 


Xa falta menos para facer as nosas solicitudes á carta!

 

Comentarios