PALABRAS ESPALLADAS...
...na aula de 3º de Primaria.
Hai unhas semanas, faláramos das actividades desenvolvidas co alumnado de 1º e 2º de Primaria en torno ó libro Las palabras que se llevó el viento.
Nesta ocasión, o noso documento viaxou á aula de 3º de Primaria (por aquilo dos grupos burbulla), e contribuíu non só a promocionar a lectura, senón tamén a traballar de xeito lúdico distintos contidos curriculares.
Primeiro, lemos a historia.
Logo completamos a ficha de traballo proposta.
Antes de clasificar palabras ocorreu que, na clase, levantouse un furacán que espallou palabras pola aula. Cando rematou, a rapazada tivo que organizalas en grupos: palabras simples, compostas e derivadas.
Se premedes na seguinte imaxe poderedes acceder ó álbum de fotos da actividade.
Como vedes, lectura, xogo, e aprendizaxe. Parabéns!
Comentarios